Os cogomelos son cada vez máis escasos nos bosques galegos. Expertos e empresas apuntan ao cambio climático, ao abandono do rural e á perda de monte autóctono, nun sector sen datos oficiais da Xunta nin do Ministerio e no que, segundo denuncian, apenas se exerce control sobre a recollida.



