A vila coruñesa recibe a máxima distinción da rede Pueblos Mágicos de España polo seu patrimonio histórico e natural, a súa oferta turística e a implicación do sector servizos. O premio chega despois de ser recoñecida como Pueblo Mágico de Galicia en 2025 e de acoller o VI Encontro Nacional da rede.